|
|
Special Olympics Galicia está a organizar a décimo sexta edición da Convivencia Familiar de Persoas con Discapacidade Intelectual, que terá lugar o día 1 de xullo e que este ano se celebrará no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
Estas xornadas de Convivencia Familiar, organízanse co gallo de fomentar a participación das persoas con discapacidade intelectual, así como da súas familias, directivos, profesionais, voluntarios... baixo un entorno de convivencia, confraternidade e intercambio de experiencias.
Xa podedes realizar a vosa inscrición ata o 6 de xuño.
+ INFO
|
|
|
O sábado 24 de marzo, a localidade de Oleiros acolleu por terceiro ano consecutivo, a celebración dos Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios, que un ano máis foi organizada en colaboración coa entidade anfitriona, ASPRONAGA.
A inauguración da xornada tiña lugar ás 11:00 da mañá, cando as 27 entidades participantes desfilaron ante as autoridades presentes, entre as que se atopaban o Concelleiro de Benestar Social e Sanidade do Concello de Oleiros, D. Ignacio Crespo, o Delegado de Educación, Deporte e Xuventude do Concello da Coruña, D Francisco José Mourelo, o Presidente de Aspronaga D. Álvaro Martínez e o Presidente de Special Olympics Galicia D. Eladio Fernández, quen animou a todos os deportistas a pasar un día de diversión sen esquecer o compañerismo e o xogo limpo.
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 1 - 4 de 81 |