novas
Faite Voluntario
Fademga Feaps Galicia
Xunta de Galicia
Xacobeo 2010

Lista de correo

Usuario 

mail 



Inicio
Novas Destacadas
Special Olympics Galicia falla os premios do XVI Certame de Tarxetas de Nadal


Máis de 1100 persoas con discapacidade intelectual presentaron traballos  ao Certame

 

Modesto Rouco,  Subdirector Xeral de Promoción da Autonomía Persoal, e Rosa Iglesias Alonso,  Xefa do Servizo de persoas con discapacidade, formaron parte o pasado luns, do xurado do  XVI Certame de Tarxetas de Nadal, que cada ano organiza Special Olympics Galicia nestas datas.
Acompañada, de Eladio Fernández, Presidente de SPECIAL OLYMPICS GALICIA, e membros da xunta directiva da asociación, seleccionaron os cartóns gañadores do Certame, entre os máis de 1100 exemplares presentados a concurso, e que chegaron de 37 entidades de persoas con discapacidade intelectual de toda Galicia. A cerimonia de entrega de premios, celebrarase o próximo mes de xaneiro na Xunta de Galicia.

 

 
ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÚTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

 
Convocatoria dos XV Xogos Autonómicos de Baloncesto

Xa está dispoñible a convocatoria dos XV Xogos Autonómicos de Baloncesto Special Olympics Galicia, para persoas con discapacidade intelectual, organizados por Special Olympics Galicia en colaboración con Fademga FEAPS Galicia e promovidos pola Asociación ACEESCA.

Os xogos celebraranse o vindeiro 26 de Novembro no Pavillón Deportivo Municipal de Porriño

Descarga aquí a convocatoria

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 4 de 72