ee

ee

Calendario

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

Podes descaragar o plan completo de datas e actividades premendo no seguinte enlace. PLAN ACTIVIDADES 2017

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg12.jpg
Estás aquí:   Inicio
Novas Destacadas
FORO DE TRABALLO E DEBATE SOBRE AS ACTIVIDADES DE OCIO NO VERÁN

Special Olympics Galicia está a organizar un Foro de Traballo e Debate sobre as actividades de ocio no verán. A data de celebración será o 13 de decembro, na sede de Special Olympics Galicia (Polígono do Tambre, Vía Pasteur, nº53).

Poderán acudir 3 persoas por entidade: un profesional de ocio e deporte coñecedor do programa, un monitor ou voluntario participante nas vacacións de verán de 2010 e unha persoa con discapacidade intelectual representante da entidade que teña participado polo menos os últimos dous anos nesta actividade.

O horario do Foro será de 11:00 h a 15:00 durante a mañá. Ás 15:00 farase un descanso para o xantar (incluído na inscrición) e retomarase pola tarde en horario de 16:30 a 18:00 h

Podes descargar o documento de solicitude no seguinte linK

Foro de traballo e debate sobre as actividades de ocio no verán Special Olympics Galicia

 
SANTIAGO ACOLLE OS XOGOS AUTONÿMICOS DE NATACIÿN

O Concelleiro Delegado de Deportes de Santiago de Compostela, D.Bernardino Rama Seoane, o Presidente da Asociación ASPAS, D. Marcelo de la Cruz e o Xerente de Special Olympics Galicia, D. Antonio Fuentetaja presentaron hoxe 30 de setembro en rolda de prensa os XIV Xogos Autonómicos de Natación Special Olympics Galicia.

Este nova edición dos xogos, que terán lugar o vindeiro sábado 2 de outubro no Complexo Deportivo de Santa Isabel en Santiago de Compostela, reunirá a 235 nadadores de 25 asociacións galegas, que estarán acompañados por 68 adestradores, 60 voluntarios e 15 membros da organización, así como polos seus familiares e amigos. En total preto de 400 persoas procedentes de todos os puntos de Galicia daránse cita nesta xornada deportiva aberta ao público que comenzará as 10.45 da mañá e rematará ás 20.00 da tarde.

Os Xogos Autonómicos de Natación 2010 están organizados por Special Olympics Galicia en colaboración con Fademga-FEAPS Galicia, promovidos pola Asociación ASPAS de Santiago de Compostela, e contan co apoio do Concello de Santiago  de Compostela.



 

 

 
<< Inicio < Anterior 71 72 73 74 Siguiente > Fin >>

Página 73 de 74
Comunicado de pésame polo falecemento de D. Francesc Martínez de Foix

O presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández Pérez, en nome de toda a xunta directiva e as persoas que conforman o movemento de Special Olympics Galicia, traslada o seu máis sentido pésame á familia e amigos de Francesc Martínez de Foix, falecido o pasado domingo 16 de xullo.

Fundador de Special Olympics España e Cataluña, D. Francesc Martínez de Foix, foi socio de honra e medalla de Special Olympics Galicia por toda a súa traxectoria de traballo en favor das persoas con discapacidade intelectual.

Desde Special Olympics Galicia queremos agradecer a ímproba e fundamental labor profesional e social de D. Martínez de Foix, un referente para todos nós na integración social das persoas con discapacidade intelectual a través de deporte. Descanse en paz.

 
Primeira convocatoria do ano: Chegan os Xogos Minoritarios!

Como xa ven sendo tradicional cada ano en Special Olympics Galicia, lanzamos a nosa primeira convocatoria do ano que non pode ser outra que .... Xogos Minoritarios!

Nesta ocasión os Xogos terán lugar o Sábado 18 de marzo de 2017, e chegan cunha importante novidade: incluiranse probas de tenis, mentres que os xogos de petanca pasarán a celebrarse xunto coa actividade de Campo a Través prevista para o 27/05/2017.

O prazo de presentación de solicitudes e ata o 7 de marzo, día no que deberá estar a información nas oficinas de SPECIAL OLYMPICS GALICIA.

Preme neste enlace para descargar a convocatoria.

Fademga Plena inclusión Galicia
Instagram
Facebook
Twitter
Voluntariado
novas
Xunta de Galicia
Garantia xuvenil
Banner politica social