ee

ee

Calendario

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

Podes descaragar o plan completo de datas e actividades premendo no seguinte enlace. PLAN ACTIVIDADES 2017

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg12.jpg
Estás aquí:   Inicio
Novas Destacadas
Resultados dos Xogos de Natación e Fútbol Sala

Xa están dispoñibles os resultados dos Xogos de Natación celebrados en Santiago de Compostela o pasado día 2 de Outubro e dos Xogos de Fútbol Sala, celebrados en Ourense o pasado día 23 de Outubro. Podedes descargalos a través dos seguintes enlaces:

 

XIV XOGOS DE NATACIÿN, en Santiago de Compostela

XV XOGOS DE FÿTBOL SALA, en Ourense

 
FORO DE TRABALLO E DEBATE SOBRE AS ACTIVIDADES DE OCIO NO VERÁN

Special Olympics Galicia está a organizar un Foro de Traballo e Debate sobre as actividades de ocio no verán. A data de celebración será o 13 de decembro, na sede de Special Olympics Galicia (Polígono do Tambre, Vía Pasteur, nº53).

Poderán acudir 3 persoas por entidade: un profesional de ocio e deporte coñecedor do programa, un monitor ou voluntario participante nas vacacións de verán de 2010 e unha persoa con discapacidade intelectual representante da entidade que teña participado polo menos os últimos dous anos nesta actividade.

O horario do Foro será de 11:00 h a 15:00 durante a mañá. Ás 15:00 farase un descanso para o xantar (incluído na inscrición) e retomarase pola tarde en horario de 16:30 a 18:00 h

Podes descargar o documento de solicitude no seguinte linK

Foro de traballo e debate sobre as actividades de ocio no verán Special Olympics Galicia

 
<< Inicio < Anterior 71 72 73 74 75 76 Siguiente > Fin >>

Página 74 de 76
Gañadores do 22 Certame de Tarxetas de Nadal

Fabiola García Martínez, Directora xeral de maiores e discapacidade da Xunta de Galicia, presidiu este venres o fallo dos premios do 22 Certame de Tarxetas de Nadal Special Olympics Galicia, acto no que estivo acompañada da Xunta Directiva desta entidade e de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

O Certame de Tarxetas de Nadal é unha das citas clásicas da asociación, que cada ano conta cunha gran aceptación entre tódalas entidades galegas que traballan en prol das persoas con discapacidade intelectual. A entrega oficial dos premios terá lugar o vindeiro mes de xaneiro en Santiago, momento no que tódalas entidades participantes recibirán un agasallo conxunto para o centro, así como un premio individual aos galardoados grazas á colaboración de Alcampo.

Este ano 32 entidades de persoas con discapacidade intelectual de Galicia, participaron no 22 Certame de Postais de Nadal – Special Olympics Galicia cun total de 958 postais presentadas a concurso. Cos deseños premiados FADEMGA Plena inclusión Galicia e Special Olympics Galicia felicitarán o Nadal 2018, tal como se fixo este ano coas gañadoras do ano anterior.

*Consulta aqui o listado completo de agasallados.

 
Acto Fin de Ligas 2017

O colexio La Salle foi o escenario do emotivo acto de entrega de agasallos de Fin de Ligas do Club FADEMGA e de Special Olympics Galicia, onde contamos coa presenza da Concelleira de Deportes Concha Fernández, así como co entrenador do Santiago Futsal Santi Valladares, e o seleccionador Nacional de Tenis de Mesa Paralímpico Ramón Mampel Marimón.

Fademga Plena inclusión Galicia
Instagram
Facebook
Twitter
Voluntariado
novas
Xunta de Galicia
Garantia xuvenil
Banner politica social