ee

ee

Calendario

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

Podes descaragar o plan completo de datas e actividades premendo no seguinte enlace. PLAN ACTIVIDADES 2017

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg12.jpg
Estás aquí:   Inicio
Novas Destacadas
A convocatoria para os 21º Xogos de Baloncesto xa está en liña

Despóis da celebración dos Xogos Minoritarios, en Special Olympics Galicia collemos ritmo, polo que xa tedes dispoñible a convocatoria para os vindeiros xogos de baloncesto, que se celebrarán en Vigo o 22 de abril.

Neste enlace podedes descargar tódala información sobre a convocatoria. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 6 de abril, día no que deberemos ter tódala a información nas oficinas de SPECIAL OLYMPICS GALICIA.

Recordade que a organización correrá, ao igual que noutros eventos autonómicos, cos gastos de transporte e restauración dos deportistas e dos seus adestradores. Esta actividade está organizada por SPECIAL OLYMPICS GALICIA coa colaboración de FADEMGA Plena inclusión Galicia e promovido pola Asociación SAN FRANCISCO.

 
Tenistas con discapacidade intelectual participan na Escola "Máis que tenis" da Fundación Rafa Nadal

Baixo o emblema da Fundación Rafa Nadal, 25 tenistas galegos con discapacidade intelectual participan nas Escolas de Tenis para persoas con discapacidade promovidas por esta Fundación, un proxecto impulsado en colaboración con Special Olympics España e que forma parte do Programa autonómico de actividades deportivas que organiza cada ano Special Olympics Galicia.

15 deportistas da entidade de CON ELES e 10 da entidade coruñesa de ASPRONAGA, conforman este proxecto que vai moito máis alá do deporte. Da man de Special Olympics España, promove a práctica do tenis entre mozos con discapacidade intelectual, o que lles permite mellorar tanto aspectos físicos como psíquicos, emocionais e sociais.

Leer más...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Fin >>

Página 2 de 73
Primeira convocatoria do ano: Chegan os Xogos Minoritarios!

Como xa ven sendo tradicional cada ano en Special Olympics Galicia, lanzamos a nosa primeira convocatoria do ano que non pode ser outra que .... Xogos Minoritarios!

Nesta ocasión os Xogos terán lugar o Sábado 18 de marzo de 2017, e chegan cunha importante novidade: incluiranse probas de tenis, mentres que os xogos de petanca pasarán a celebrarse xunto coa actividade de Campo a Través prevista para o 27/05/2017.

O prazo de presentación de solicitudes e ata o 7 de marzo, día no que deberá estar a información nas oficinas de SPECIAL OLYMPICS GALICIA.

Preme neste enlace para descargar a convocatoria.

 
Cita "olympic" en Os Remedios

A piscina Rosario Dueñas acolleu a vixésima edición dos xogos autonómicos onde participaron máis de 350 persoas "Quero gañar, máis senón ou consigo deixádeme ser valente no intento", con esta lema e coa memoria de Carlos Outeiriño, desembarcaron máis de 350 persoas para disputar os vixésimos xogos autonómicos de natación Special Olympics.

Máis de vinte equipos déronse cita en Vos Remedios para participar en quince categorías. As asociacións ourensáns, anfitrioas do evento, tiveron unha participación destacable a cargo dos equipos das Burgas, Aspadisi, Asfaval e Aspanas con 38 deportistas.

Fademga Plena inclusión Galicia
Instagram
Facebook
Twitter
Voluntariado
novas
Xunta de Galicia
Garantia xuvenil
Banner politica social