Coñecenos
| Coñécenos |
|
|
Special Olympics Galicia, Asociación de Pais, Profesionais e Amigos de Persoas con Discapacidade Intelectual, é unha organización sen ánimo de lucro creada no ano 2000, por acordo de dezasete asociacións das diferentes provincias da Comunidade Autónoma Galega, e cuxa Presidencia de Honra ocupa Dona Corina Porro Martínez.
Durante a nosa andaina, contamos sempre co apoio e a consideración da Xunta de Galicia e da Consellería que en cada momento levou a Dirección de Servizos Sociais. Special Olympics Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro, que ten como finalidade a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, mediante o lecer, o tempo libre, a cultura e o deporte. |