| FAITE VOLUNTARIO DE SPECIAL OLYMPICS GALICIA |
|
|
Special Olympics Galicia inicia o ano cun programa repleto de actividades dirixidas ás persoas con discapacidade intelectual, co obxectivo de que estas se beneficien e disfruten coa práctica habitual de deporte, tanto individual como colectivo. Para a realización destas actividades precisamos do apoio constante dos colaboradores e voluntarios, que co seu traballo e esforzo fan posible a realización dos distintos campionatos e xornadas que se realizan ao longo do ano.
Con esta iniciativa, Special Olympics Galicia tamén pretende fomentar o voluntariado entre todos aqueles interesados en axudar e aportar de maneira desinteresada o seu grao de area para a integración das persoas con discapacidade intelectual.
Se estás interesad@ en participar, xa podes descargar a túa Ficha de Voluntario, a través da cal realizar a inscrición e así poder colaborar con nós nas diferentes actividades programadas para o ano 2010.
Actualmente, xa hai en España máis de 4500 voluntarios participando na organización e aportanto traballo, humanidade e solidariedade, así que non o dubides e anímate a colaborar con Special Olympics Galicia.
Ti tamén podes ser voluntario!
|