|
AGASFRA ASISTIU AO I ENCONTRO INTERAUTONÓMICO DE XIMNASIA RÍTMICA E TENIS DE MESA EN ALBACETE |
|
|
As Xornadas contaron coa participación de atletas procedentes de 9 Comunidades Autónomas, entre elas Galicia, e un total de 203 participantes
Entre o 9 e o 11 de abril, disputáronse en Albacete (Castilla La Mancha) os primeiros Xogos de Tenis de Mesa e Ximnasia Rítmica para persoas con discapacidade intelectual.
Como representación de Galicia asistiron 8 persoas con discapacidade intelectual pertencentes a asociación Agasfra de Vigo, destacando a actuación de todos eles nas probas de tenis de mesa.
Segundo afirmou o presidente da FECAM (Federación de deportes para Persoas con Discapacidade Intelectual de Castilla la Mancha), Eloy Molina, estes Xogos “pretenden promover a práctica habitual de deporte entre as persoas con discapacidade intelectual e ademáis, non incide na competición, senón na convivencia”
Seguir lendo....
RESULTADOS
Na 1ª División das probas masculinas de
tenis de mesa destaca o 6º posto de J. Carlos Crespo, mentres que na 3ª
división destacaron Oscar Soto no 1º posto , Camilo Freire no 3º posto
e Adolfo Martínez no 6º posto.
Por outra banda, nas competicións
femininas destas mismas probas destacaron na 2ª-3ª División Raquel
Casas e María Berridy no 4º e 5º posto respectivamente, e Isaura
Riveiro no 7º posto.
Na 1ª e e 2ª División cabe salientar o 3º posto obtido por Isabel Carballo.
CLAUSURA
Os
campionatos clausuráronse o día 11, despois dunha emotiva ceremonia
onde se fixo entrega das medallas aos participantes ante a atenta
mirada dos seus familiares e amigos. Ao finalizar o acto de clausura,
Carlota, a mascota oficial de Special Olympics España despois das
palabras deagradecemento final de Gaizka Ortúzar e Eloy Molina.
Ademáis,
durante o fin de semana tamén se levaron a cabo probas motrices
pertencentes ao programa de saúde desarrollado por Special Olympics
Internacional FitFeet, para proporcionar ás persoas con discapacidade
intelectual revisións podolóxicas.
|