| FINALIZA A PEREGRINACIÓN XACOBEA CUN NOTABLE ÉXITO DE PARTICIPACIÓN |
|
|
Os peregrinos chegaron a Santiago o día 20 de xuño, onde se reuniron coas súas familias para celebrar a XIV Xornada de Convivencia Familiar Special Olympics Galicia.
A peregrinación a Santiago de Compostela chegou ao seu fin o pasado día 20 de xuño, despois de 7 días de intensas caminatas a través de toda a xeografía galega.
Unha intensa semana na que as persoas con discapacidade intelectual puideron gozar do camiño e os seus beneficios a través de rutas adaptadas ás súas necesidades. O domingo 20 de xuño tódolos participantes puideron reunirse coas súas familias en Santiago para asistir á Misa do Peregrino e celebrar a XIV Xornada de Convivencia Familiar en Amio.
En definitiva, unha semana que quedará para o recordo e que foi posible unha vez máis grazas ao intenso traballo de monitores e voluntarios. A todos eles MOITAS GRAZAS POLO VOSO ESFORZO!
*O próximo número do Nov@s estará íntegramente adicado a esta peregrinación así como aos diferentes actos que tiveron lugar durante a semana da Peregrinación.
|