ee

ee

Plan de Actividades 2017

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

Podes descaragar o plan completo de datas e actividades premendo no seguinte enlace. PLAN ACTIVIDADES 2017

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg12.jpg
Estás aquí:   Inicio
O Conselleiro de Política Social entrega os agasallos do 21º Certame de Tarxetas de Nadal PDF Imprimir Correo

O Conselleiro de Política Social, D. Xosé Manuel Rey Varela, a Directora Xeral de Maiores e persoas con discapacidade, Dna. Fabiola García Martínez, e a Concelleira de Deportes do Concello de Santiago, Dna. Noa Morais, fixeron entrega dos agasallos do 21 Certame de Tarxetas de Nadal que cada ano organiza Special Olympics Galicia para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento de toda Galicia.

O Certame de Tarxetas de Nadal é unha das citas clásicas da asociación, e conta cunha gran aceptación entre tódalas entidades galegas que traballan en prol das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Durante a entrega, que tiña lugar no Auditorio de Galicia, o Conselleiro de Política Social destacou que “é unha honra e unha satisfacción poder contaxiarnos durante uns minutos do voso traballo, do voso esforzo, da vosa creatividade e do voso talento. Demostrades que o proxecto de Special Olympics Galicia está totalmente consolidado, e por elo, vai a seguir contando co apoio do goberno de Galicia.”

 

O conselleiro tamén tivo unhas palabras para os familiares e voluntarios “quenes colaboran e fan posible que teñades unha vida na que prime a igualdade de condicións, removendo os obstáculos que impidan esa igualdade.”

Para finalizar, o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández, destacou a boa acollida coa que conta o Certame de Nadal en cada edición, resaltando o carácter innovador da entidade a través de “probas novidosas como o ciclismo, e coa inclusión do deporte unificado, onde persoas con e sen discapacidade participan en igualdade de condicións”

Este ano 32 entidades de persoas con discapacidade intelectual de Galicia, participaron no 21 Certame de Postais de Nadal – Special Olympics Galicia cun total de 958 postais presentadas a concurso. Cos deseños premiados FADEMGA Plena inclusión Galicia e Special Olympics Galicia felicitarán o Nadal 2017, tal como se fixo este ano coas gañadoras do ano anterior.

Última actualización en Lunes, 30 de Enero de 2017 17:02
 
Fademga Plena inclusión Galicia
Instagram
Facebook
Twitter
Voluntariado
novas
Xunta de Galicia
Garantia xuvenil
Banner politica social