ee

ee

Plan de Actividades 2017

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

Podes descaragar o plan completo de datas e actividades premendo no seguinte enlace. PLAN ACTIVIDADES 2017

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg12.jpg
Estás aquí:   Inicio
Técnicos, voluntarios e participantes con discapacidade intelectual, reúnense na xornada formativa de Special Olympics Galicia PDF Imprimir Correo

Special Olympics Galicia celebrou este sábado as Xornadas de Técnicos, Deportistas e Voluntarios que a entidade organiza cada ano co obxectivo de achegar a filosofía e o regulamento da organización, tanto a aqueles que habitualmente traballan con persoas con discapacidade intelectual, como aos deportistas con discapacidade intelectual que acoden periodicamente ás competicións organizadas pola asociación.

O director xeral de Special Olympics España D. Enric Blesa, a Concelleira de Deportes en Santiago, Dna. Noa Morais, o secretario de FADEMGA Plena inclusión D. Marcelo da Cruz e o presidente de Special Olympics Galicia D. Eladio Fernández, inauguraron esta xornada acompañados por representantes da Federación Galega de Baloncesto e representantes da Federación Galega de Fútbol sala.

A xornada contou con charlas sobre o lecer e o deporte, entre elas "Retos do deporte unificado" impartida polo xerente de Special Olympics España David Pequeno, e "Manexo de situacións de crises entre os participantes, condutas desafiantes, entender e actuar. Apoio conductual positivo" a cargo de Antonio Naya Sancho, membro do Comité de ética de Plena inclusión. A xornada tamén contou con consultas aos adestradores e árbitros da Federación de Baloncesto e Fútbol sala, así como achegas para as actividades deportivas que se desenvolverán durante este ano.

En total participaron 18 técnicos, 17 voluntarios e 22 participantes, chegados de 14 entidades da discapacidade intelectual de toda Galicia: AGASFRA, APADER, AS BURGAS, ASPANANE, ASPANAS, ASPAS, ASPAVI, ASPNAIS, ASPRONAGA, CENTRO S. PABLO E SAN LÁZARO, CHAMORRO, FUNDACIÓN EU SON, PAI MENNI e S. VICENTE PAÚL, así como con voluntarios do Colexio La Salle e do Club Xuvenil Santiago e membros da xunta directiva de Special Olympics Galicia e FADEMGA Plena inclusión Galicia.

:: Un programa formativo que conciencia sobre os beneficios do lecer e o deporte

En Special Olympics Galicia manifestamos o noso compromiso coa formación de técnicos, voluntarios e participantes. Trátase dun dos alicerces básicos para comprender o movemento e a filosofía da entidade e por iso realizamos estas xornadas de carácter anual que axudan a promover o voluntariado e concienciar sobre a importancia e beneficios psicolóxicos, educativos e sociais do deporte e o lecer para as persoas con discapacidade intelectual.

Última actualización en Lunes, 06 de Marzo de 2017 11:21
 
Fademga Plena inclusión Galicia
Instagram
Facebook
Twitter
Voluntariado
novas
Xunta de Galicia
Garantia xuvenil
Banner politica social