ee

ee

Plan de Actividades 2017

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

Podes descaragar o plan completo de datas e actividades premendo no seguinte enlace. PLAN ACTIVIDADES 2017

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg12.jpg
Estás aquí:   Inicio
Tenistas con discapacidade intelectual participan na Escola "Máis que tenis" da Fundación Rafa Nadal PDF Imprimir Correo

Baixo o emblema da Fundación Rafa Nadal, 25 tenistas galegos con discapacidade intelectual participan nas Escolas de Tenis para persoas con discapacidade promovidas por esta Fundación, un proxecto impulsado en colaboración con Special Olympics España e que forma parte do Programa autonómico de actividades deportivas que organiza cada ano Special Olympics Galicia.

15 deportistas da entidade de CON ELES e 10 da entidade coruñesa de ASPRONAGA, conforman este proxecto que vai moito máis alá do deporte. Da man de Special Olympics España, promove a práctica do tenis entre mozos con discapacidade intelectual, o que lles permite mellorar tanto aspectos físicos como psíquicos, emocionais e sociais.

Precisamente, a oportunidade de facer amigos e coñecer xente nova é un dos aspectos que mellor valoran os novos tenistas.

Os beneficios que achega a práctica regular de actividades deportivas están máis que demostrados e son coñecidos por todos. Co deporte, a nosa saúde vese reforzada e mellora en moitos aspectos, tanto físicos, psíquicos como socioefectivos. En persoas que sofren algún tipo de discapacidade intelectual, a achega do deporte é tamén evidente, en forma de integración social, interacción entre compañeiros ou mellora da autoestima, así como en moitos outros ámbitos fundamentais.

Para unha persoa con discapacidade intelectual, as sensacións positivas que proporciona marcar un gol, mellorar no manexo da raqueta ou bater unha marca son decisivas para reforzar e incidir nos aspectos persoais e sociais máis fundamentais. Ademais, practicando a actividade en grupo ou nun equipo poténcianse e incrementan estes beneficios, ao podelos compartir e experimentar xunto a outros compañeiros.

Última actualización en Lunes, 06 de Marzo de 2017 12:16
 
Fademga Plena inclusión Galicia
Instagram
Facebook
Twitter
Voluntariado
novas
Xunta de Galicia
Garantia xuvenil
Banner politica social