ee

ee

Calendario

Special Olympics Galicia, buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte.

Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.

Podes descaragar o plan completo de datas e actividades premendo no seguinte enlace. PLAN ACTIVIDADES 2017

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA FÿTBOL SALA E BALONCESTO 2011 E XANTAR DE GALA FIN DE TEMPADA

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

 

 

O Club Deportivo Fademga coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle está a organizar o acto de entrega de premios da liga Fútbol Sala e Baloncesto 2011 e xantar de gala fin de tempada. Este acontecemento terá lugar o día 17 de decembro en Santiago de Compostela e contará coa asistencia das persoas que participaron este ano 2011 en actividades de Club Deportivo Fademga e Special Olympics Galicia.

Podedes realizar a vosa inscrición pinchando aquí ata o vindeiro 17 de novembro.

13.jpg12.jpg
Estás aquí:   Inicio
Monforte, Sober, Pantón e Santiago de Compostela protagonizan a Marcha Ciclista de Special Olympics PDF Imprimir Correo

Os deportistas de Special Olympics Galicia teñen en breve unha nova cita coa bicicleta.

As localidades de Monforte de Lemos, Sober, Ferreira de Pantón e Santiago de Compostela, acollerán os días 7 e 8 de outubro a 5ª Marcha Ciclista Unificada para deportistas con e sen discapacidade intelectual, onde este ano participarán máis de 100 persoas entre deportistas, adestradores voluntarios e organización.

Trátase dun encontro deportivo pioneiro no nosos país, que edición a edición logrou consolidarse xa como un dos principais eventos deportivos do calendario de actividades de Special Olympics Galicia.

A presentación da Marcha Ciclista terá lugar este xoves no Concello de Monforte, onde contaremos co apoio do alcalde Monforte, José Tomé Roca, o alcalde de Sober Luis Fernández Guitián, a concelleira de servizos sociais e discapacidade Gloria Prada, o concelleiro de deportes de Ferreira de Pantón Roberto Eireos Sáez, a deputada pola provincia de Lugo Sonsoles López Izquierdo, así como por prepresentantes da entidade local de PRODEME e o o presidente de Special Olypics Galicia Eladio Fernández Pérez. A esta presentación oficial, seguiralle a presentación dos equipos participantes nun acto que terá lugar na asociación PRODEME durante a tarde do venres.

Nos seguintes enlaces pódese consultar xa o percorrido que realizaremos os dous días.

Ruta Sober - Monforte

Ruta Santiago de Compostela

 

Última actualización en Miércoles, 04 de Octubre de 2017 17:04
 
Fademga Plena inclusión Galicia
Instagram
Facebook
Twitter
Voluntariado
novas
Xunta de Galicia
Garantia xuvenil
Banner politica social