1campotraves2012.jpg3.natacion2012.jpgmaraton sober 2012.jpg
Estás aquí:   Inicio
Novas Destacadas
Monforte acolle a XVI edición dos Xogos Autonómicos de Campo a Través Special Olympics Galicia

Monforte será a sede da XVI edición dos Xogos Autonómicos de Campo a Través de Special Olympics Galicia, onde participarán persoas con discapacidade procedentes de todo o territorio galego.

O alcalde desta localidade, Severino Rodríguez, acompañado do presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández, e dos representantes da asociación PRODEME, presentaron esta mañá o programa da competición ante a prensa. Durante o acto, o alcalde de Monforte puxo de manifesto o seu agradecemento á iniciativa destas asociacións, “a administración teríao moito máis difícil se non fose polo seu labor,” comentou. Ademais engadiu que o Concello sempre colabora de bo grao con este evento, “isto é unha colaboración obrigatoria. Independentemente doutros problemas, atender a estas persoas é primordial”.

Leer más...
 
¿Queres ser voluntario de Special Olympics Galicia? Infórmate aqui!

Aínda non eres voluntario de Special Olympics Galicia? Queres saber o que significa ser voluntario da nosa entidade? Cáles son as actividades que organizamos e qué podes aportar ti?

Agora podes axudar a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual mediante o deporte e o lecer, achegando ideas e desenvolvendo as túas habilidades, ao mesmo tempo que gozas conxuntamente de actividades de ocio e tempo libre en contornas normalizadas.

A continuación podes descargar o noso folleto con tódala información sobre as actividades nas que podes colaborar así como os pasos a seguir para poder facerte voluntario de Special Olympics Galicia.

TRÍPTICO VOLUNTARIADO 2013

CARTAZ  VOLUNTARIADO 2013

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Fin >>

Página 1 de 29
Calendarios das Ligas 2013

Xa podes descargar o novo calendario das Ligas Club FADEMGA - Special Olympics Galicia para o ano 2013.

Preme nos seguintes enlaces e accederás tanto ao calendario xeral, como aos listados de grupos, datas e xornadas das ligas de Fútbol Sala e Baloncesto.

 
Interese de participación nas actividades de verán 2013

A continuación, achegamos un documento a través do que poderedes valorar o voso interese de participación nas vacacións de verán Special Olympics Galicia. Xunto ás datas de realización, atoparedes as quendas e localidades suxeridas para este ano.

Descárgao aquí

novas
Facebook
Twitter
Xunta de Galicia
Fademga Feaps Galicia
Flickr