Peregrinacion2010
novas
Fademga Feaps Galicia
Faite Voluntario
Xacobeo 2010
Xunta de Galicia

Lista de correo

Usuario 

mail 



Inicio
Novas Destacadas
Nadadores con Discapacidade Intelectual de Special Olympics Galicia mediranse este sábado en Ourense
Ourense acolle con estes Xogos de Natación a décimo terceira edición deste campionato

Ourense, xoves 19 de novembro de 2009.- Special Olympics Galicia, asociación dedicada á promoción das persoas con discapacidade a través do Deporte e do Ocio, organiza un ano máis un evento deportivo en Ourense, os XIII Xogos Autonómicos de Natación Ourense 2009 coa colaboración de FADEMGA FEAPS GALICIA, e da Asociación ourensá AS BURGAS.

A décimo terceira edición destes Xogos Autonómicos terá lugar este sábado 21 de novembro nas instalacións da piscina municipal do pavillón dos Remedios onde se darán cita 266 deportistas con discapacidade intelectual de toda Galicia para competir nas probas de 25, 50 y 100 metros libres, mariposa, braza e costas segundo o seu nivel; así como relevos.

A celebración destes Xogos segue o ceremonial da celebración das Olimpiadas. Os deportistas das 29 asociacións participantes desfilarán polas instalacións antes do desfile das bandeiras de Galicia e de Special Olympics. Posteriormente un deportista de AS BURGAS lerá o lema dos deportistas de Special Olympics “Quero gañar, pero se non o consigo, deixádeme ser valente no intento”. Unha vez finalizado o desfile procederáse á inauguración oficial dos Xogos, ao redor das 10.45 horas, a cargo dun representante de la administración local, acompañado polo presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández, e o presidente da Asociación AS BURGAS, Antonio Rincón Feijoo. A competición levarase a cabo desde as 12.00 horas ata as 19.00 horas, momento da clausura.

As asociacións de toda Galicia que participan son un total de 29 das catro provincias galegas que desprazan a un total de 266 deportistas con discapacidade intelectual e 86 adestradores a Ourense.

Nos Xogos tamén colaborarán un total de 75 voluntarios e integrantes da organización, persoal de Cruz Vermella, Protección Civil, árbitros, etc… A participación nos Xogos é de 427 persoas entre deportistas, adestradores, voluntarios e integrantes da organización.
 
Special Olympics Galicia consegue 9 medallas Xogos Europeos de Natación de Palma
Os doce deportistas galegos das asociacións ASPNAIS de Lugo, San Francisco de Vigo e Nosa Señora de Chamorro acadaron 1 medalla de ouro, 4 medallas de prata e 4 de bronce

Santiago de Compostela, luns 26 de outubro de 2009; Os 12 nadadores galegos de Special Olympics Galicia que participaron dende o día 14 de outubro ata o domingo 18 no Campionato Europeo de Natación de Palma 2009 acadaron un total de 9 medallas nas competicións nas que tomaron parte, 1 delas de ouro. A bagaxe de éxitos completouse con catro medallas de prata e 4 de bronce. Pero, ademais destes resultados, os nosos participantes tamén conseguiron dous 6º postos, tres 7º posos e dous 8º postos. Os resultados dos nosos competidores foron:

25 metros costas:
Isabel Carballo Varverde- 2º posto
María Alonso Berridy – 3º posto
Alejandra Quinteiro Corrais- 8º posto

25 metros braza:
Antonio Perejón de Rom- 8º posto

25 metros libres (masculino):
Eduardo López Vilar- 2º posto
Guillermo Díaz Seoane-2º posto
José Legaspi Fernández- 3º posto
Sergio Dacal Gómez-3º posto

25 metros libres (feminino):
Isabel Carballo Varverde -1º posto
Aída Puga Dacuña- 2º posto
Alejandra Quinteiro Corrais -3º posto
María Alonso Berridy - 7º posto
Aída Luaces López- 6º posto

50 metros costas:
Fernando Martínez Paz- 6º posto

50 metros libres (masculino):
Fernando Martínez Paz- 7º posto

50 metros libres (feminino):
Mónica López Rouco- 7º posto

Os 12 deportistas galegos, pertencentes á asociación lucense de ASPNAIS, á viguesa SAN FRANCISCO e á naronesa NOSA SEÑORA DE CHAMORRO, formaron parte da nutrida expedición de deportistas españois que participaron nos Xogos, procedentes de Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Canarias, Castela A Mancha, Castela León, Cataluña, Estremadura, A Rioxa, Madrid, Murcia, Comunidade Valenciana e Galicia. No panorama internacional, a parte desta representación española, tamén participaron deportistas chegados de Albania, Austria, Acerbaián, República Checa, Dinamarca, Finlandia, Francia, Alemaña, Xibraltar, Gran Bretaña, Hungría, Islandia, Illa de Man, Italia, República de Kirguiz, Kazaxistán, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Mónaco, Holanda, Polonia, Rusia, San Marino, Eslovaquia, Suecia, Suíza, Turquía, Turkemistán e Ucraína. Estes Campionatos contaron coa participación máis de 330 deportistas con discapacidade intelectual, acompañados de 150 adestradores, miles de familias, amigos, espectadores e xornalistas de todos os continentes.

Cerimonia de inauguración
A competición, que durou catro días, deu o seu pistoletazo de saída o día o venres 16 coa cerimonia de inauguración, que contou cun espectáculo ecuestre, que fixo levantar a máis dun dos seus asentos.

Varios espectáculos musicais quixeron homenaxear aos deportistas na súa festa de benvida á illa. A compañía de ximnasia acrobática de Menorca foi a encargada de interpretar as actuacións.. A actuación final da gañadora da última edición de Eurojunior, que interpretou dous dos seus temas, foi a encargada de dar por inaugurado de modo oficial o certame de natación.

Pero si houbo tres momentos emocionantes, eses foron: a aparición dos representantes de cada un dos países e comunidades autónomas que participan no Campionato Europeo de Natación, a saída a escena de Carlota -mascota oficial do campionato- e a lectura do xuramento por parte dos propios atletas: ‘Quero gañar pero si non o consigo, deixádeme ser valente no intento’.

Máis actividades
Ademais da competición deportiva, nos días que durou o campionato organizáronse outras moitas actividades de carácter lúdico, como poden ser as clases de circulación vial ofertadas pola policía local de Palma ou a colocación de atraccións inchables .

Unha das actividades que contaron con máis éxito durante estes catro días foi a realización por parte de Special España do programa de saúde, que consistiu na revisión do estado de saúde individual dos participantes, estimacións de necesidades de coidados sanitarios, proporcionar formación en saúde, servizos preventivos rutinarios e, no caso de déficits visuais e auditivos, a provisión de gafas e próteses auditivas.

Os atletas que se someteron a estas probas, recibiron a información do seu estado de saúde, así como da necesidade dun seguimento posterior, no caso de ser necesario.

Estes recoñecementos serven, asemade, como fonte de información para a elaboración de políticas, estudos e implementación de programas que melloren as necesidades sanitarias dos atletas.
 
Un total de 398 atletas de Special Olympics Galicia participarán nos XIII Xogos Autonómicos de Baloncesto Burela 2009
Un total de 29 asociacións de toda Galiza desprazan ata Burela 398 atletas e 106 adestradores

Burela, xoves 22 de outubro de 2008 ; Special Olympics Galicia, asociación dedicada á promoción das persoas con discapacidade a través do Deporte e do Ocio, organiza un ano máis os XIII XOGOS AUTONÓMICOS DE BALONCESTO sendo Burela a cidade elexida este ano para acoller a que será a décimo terceira edición. Special Olympics Galicia contou para a organización destes Xogos coa colaboración de Fademga Feaps Galicia e da Fundación Eu Son (Burela).

A décimo terceira edición deste campionato terá lugar este sábado 24 de outubro nas instalacións do Pavillón de vista Alegre de Burela. Ao igual que todas as actividades deportivas organizadas por Special Olympics Galicia o campionato de Baloncesto conta con distintos niveis de participación para que todos os deportistas poidan participar en igualdade de condicións. Existirán tres niveis: nivel I (alto), nivel II (medio) e nivel III (básico).

O pistoletazo de saída da competición será ás 12:00 horas da mañá e, a partir das 19.00 horas, celebrarase o acto de clausura do Campionato, así como a entrega dos trofeos e das medallas aos participantes. Os XIII XOGOS AUTONÓMICOS DE BALONCESTO reunirán en Burela a un total de 599 persoas entre atletas, adestradores, voluntarios e integrantes da organización.

A celebración deste evento deportivo segue o cerimonial das celebración das Olimpíadas. Os deportistas das 29 asociacións participantes desfilarán ante os presentes. Posteriormente un deportistas da Fundación eu Son lerá o lema dos deportistas de Special Olympics “Quero gañar, máis se non o consigo, deixádeme ser valente no intento”. Unha vez finalizado o desfile procederase á inauguración oficial dos Xogos, arredor das 10.45 horas, a cargo dun representante do goberno local; que estará acompañada polo Presidente de Special Olympics Galicia, D. Eladio Fernández Pérez; ademais de integrantes da corporación municipal, da Fundación Eu Son, das Xuntas Directivas de Fademga Feaps Galicia e Special Olympics Galicia.

As asociacións de toda Galicia que participan son un total de 29 asociacións das cales un total de 7 proveñen da provincia de Lugo, 9 de Pontevedra, 10 de A Coruña e 3 de Ourense. Os atletas que participan da provincia de Lugo son un total 147 deportistas que veñen de localidades como Lugo, Mondoñedo ou Viveiro. A asociación anfitriona, Fundación Eu Son, participa con 19 atletas.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 17 - 20 de 45