Peregrinacion2010
novas
Fademga Feaps Galicia
Faite Voluntario
Xacobeo 2010
Xunta de Galicia

Lista de correo

Usuario 

mail 



Inicio
Novas Destacadas
Special Olympics Galicia acode ao Campionato Europeo de Natación de Palma
Nadadores de Lugo, Narón e Vigo tentarán acadar os mellores resultados para traer de Palma o maior número de medallas

Santiago de Compostela, mércores 14 de outubro de 2009; Special Olympics Galicia, entidade sen ánimo de lucro que promove o deporte e o ocio entre as persoas con discapacidade intelectual, acode entre hoxe, día 14 de outubro, e o vindeiro domingo 18, a Palma de Mallorca a disputar o Campionato Europeo de Natación Special Olympics. Deportistas das asociacións Aspnais de Lugo; da asociación Nosa Señora de Chamorro, de Narón; e da Asociación San Francisco, de Vigo; serán os encargados de representar a Galicia neste encontro internacional. A expedición galega partirá cara Mallorca ás 17.15 horas desta tarde dende Lavacolla, e regresará o domingo ás 16.30, ao mesmo aeroporto.

O Campionato de Natación terá lugar nas instalacións municipais de Son Hugo e en representación de Special Olympics Galicia acoden: 4 deportistas da Asociación Aspnais de Lugo (Alejandra Quintana, Mónica López, Antonio Perejón e Sergio Dacal); 4 deportistas da Asociación Nosa Señora de Chamorro, de Narón (Aída Luaces, Eduardo López, Jose Ángel Legaspi; Guillermo Díaz); e 4 deportistas de San Francisco, de Vigo (María Alonso, Isabel Carballo, Aída Puga, Fernando Martínez).

O Campionato contará coas seguintes probas: no Grupo 1 haberá probas de 25 metros braza e mariposa; 50 metros libres, costas, braza e bolboreta; 100 metros libres, costas e braza; e relevos de 4x25 metros libres, 4x50 metros libres e 4x50 metros estilos. Para os participantes no Grupo 2 as probas serán de 25 metros libres e costas, e relevos de 4x25 metros libres. E haberá probas adaptadas para os participantes no Grupo 3 que serán de 15 metros flotación e 15 metros sen estilo nin flotación.

Os nadadores galegos competirán nas modalidades dos 25 metros libres, 25 metros costas, 25 metros braza; 50 metros libres e 50 metros costas.

Máis de 330 participantes de 34 países
O Campionato europeo de Natación Special Olympics Palma 2009 reunirá na cidade mediterránea a máis de 330 deportistas con discapacidade intelectual, acompañados de 150 adestradores, todos eles pertencentes ás distintas comunidades españolas (162 atletas españois) e 34 países de todo o mundo (con 171 participantes).

Así, estarán representadas as Comunidades de Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Canarias, Castela A Mancha, Castela León, Cataluña, Estremadura, A Rioxa, Madrid, Murcia, Comunidade Valenciana e Galicia. No panorama internacional, a parte desta nutrida representación española, tamén participan deportistas chegados de Albania, Austria, Acerbaián, República Checa, Dinamarca, Finlandia, Francia, Alemaña, Xibraltar, Gran Bretaña, Hungría, Islandia, Illa de Man, Italia, República de Kirguiz, Kazaxistán, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Mónaco, Holanda, Polonia, Rusia, San Marino, Eslovaquia, Suecia, Suíza, Turquía, Turkemistán e Ucraína.
 
6 persoas con discapacidade intelectual participan no I Curso de Formación de deportes de auga coa delegación de Special Olympics Galicia
Os participantes nesta actividade formativa que se levará a cabo durante 5 días pertencen á asociacións de Nigrán, Santiago e O Barco
 
 
Santiago de Compostela, venres 29 de maio de 2009; 6 deportistas de Special Olympics Galicia tomarán parte do I Curso de Formación de Deporte de Auga, que terá lugar dende o 31 de maio ata o día 5 do mes de xuño, na Manga do Mar Menor, en Murcia.
 
Esta acción formativa está organizada por Special Olympics España e busca dotar ás persoas con discapacidade intelectual que participen nela das nocións básicas e imprescindibles para poder disfrutar dos deportes acuáticos máis populares.Así, os 6 alumnos galegos do curso recibirán leccións sobre vela, kayak e windsurf.
 
A expedición galega, que sairá o vindeiro domingo ás 11:55 do aeroporto vigués de Peinador, está composta por Iván de la Rocha, María José Fernández, Julia Dacuña e Vanessa Gómez, da asociación Val Miñor de Nigrán; Juan Carlos Sánchez de Aspas (Santiago de Compostela); e Noa Moral de Asfaval, O Barco.
 
Todas elas estarán acompañadas por dúas monitoras e unha coordinadora de Special Olympics Galicia.
 
Monforte de Lemos será a sede da décimo segunda edición dos Xogos Autonómicos de Campo a Través de Special Olympics Galicia
A competición atlética, tradicional xa dende a súa creación en 1997, reunirá a preto de 300 participantes

Os Xogos, que terán lugar no circuito de As Lamas, están organizados coa colaboración da Asociación local Prodeme

rolda_xogos_monforte_09.jpgMonforte de Lemos, mércores 20 de maio de 2009; Special Olympics Galicia, asociación dedicada á promoción das persoas con discapacidade a través do Deporte e do Ocio, organiza os xa tradicionais Xogos Autonómicos de Campo a Través na cidade de Monforte de Lemos. Para organziar esta 12ª Edición dos Xogos, Special Olympics Galicia contou coa colaboración de Fademga Feaps Galicia e da Asociación PRODEME, de Monforte.

Esta nova edición dos Xogos Autonímicos celebrarase o vindeiro sábado, día 23 de maio, nas instalacións do Circuito de As Lamas da Sociedade Val de Lemos, dende as 12:00 horas da mañá ata as 18.00 horas, nos que tomarán parte un total de 298 deportistas con discapacidade intelectual de 24 asociacións de toda Galicia acompañados por 89 adestradores. Os Xogos reunirán en Monforte a un total de 442 persoas entre atletas, adestradores, voluntarios e integrantes da organización.

Dossier de prensa
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 21 - 24 de 45