Os sete deportistas galegos das asociacións ASPNAIS de Lugo e ASPAS de Santiago acadaron outras 2 medallas de prata e 2 de bronce
Santiago de Compostela, luns 16 de febreiro de 2009; Os 7 esquiadores galegos de Special Olympics Galicia que participaron ata o día 15 de febreiro nos Xogos Mundiais de Inverno Idaho 2009 acadaron un total de 9 medallas nas competicións nas que tomaron parte, 5 delas de ouro. A bagaxe de éxitos completouse con dúas medallas de prata e 2 de bronce.
Pero, ademais destes resultados, os nosos participantes tamén conseguiron tres 4º postos, tres 5º postos e un 6º posto. Os resultados dos nosos competidores foron:
Esquí con raquetas:
Vanesa Gómez Gómez (ASPNAIS) -1º posto en 100 metros; 1º posto en 200 metros
Juan Carlos Sánchez Barbero (ASPAS)-5º posto en 100 metros; 4º posto en 200 metros; 3º posto en relevos equipo 4x100
Sergio Dacal Gómez (ASPNAIS) - 1º posto en 25 metros; 5º posto en 50 metros
Laura Barreiro Loures (ASPNAIS) -2º posto en 50 metros
Esquí Alpino (Slalom xigante):
Goreti Reigosa Mouriz (ASPNAIS) -1º posto
Alejandra Belen Quinteiro Corras(ASPNAIS) -3º posto
Carlos Yanes Martínez(ASPNAIS) -6º posto
Esquí Alpino (Slalom superxigante):
Alejandra Belen Quinteiro Corras(ASPNAIS) -1º posto
Goreti Reigosa Mouriz(ASPNAIS) -2º posto
Carlos Yanes Martínez(ASPNAIS) -5º posto
Esquí Alpino (Slalom):
Goreti Reigosa Mouriz(ASPNAIS) -4º posto
Carlos Yanes Martínez(ASPNAIS) -4º posto
Alejandra Belen Quinteiro Corras(ASPNAIS) -5º posto