Peregrinacion2010
novas
Fademga Feaps Galicia
Faite Voluntario
Xacobeo 2010
Xunta de Galicia

Lista de correo

Usuario 

mail 



Inicio
Novas Destacadas
RESULTADOS DA XV EDICIÓN DE XOGOS MINORITARIOS

Xa tedes a vosa disposición os resultados das probas motrices, bádminton, tenis de mesa e petanca da XV Edición de Deportes Minoritarios, organizados o sábado día 20 de marzo, nas instalacións de Bastiagueiro-Oleiros.

Pincha no seguinte link para acceder aos documentos:

Resultados XV Edición de Deportes Minoritarios 

 
PRESENTACIÓN DOS XOGOS AUTONÓMICOS DE DEPORTES MINORITARIOS SPECIAL OLYMPICS

O Alcalde de Oleiros, Ángel García, a Concelleira de Deportes e Educación Física, Teresa Vázquez, o Tesoureiro de Special Olympics Galicia, Elías Palacio, e o Director Xerente de ASPRONAGA, Pompeyo Fernández, acompañados polos deportistas Raquel e Benjamín, presentaron onte no Concello de Oleiros os XV Xogos Autonómicos de Deportes Minortarios pra persoas con discapacidade intelectual.

Esta nova edición dos xogos, onde os deportistas podeán poñer a proba as súas habilidades en deportes como o bádminton, o tenis de mesa, a petanca ou as probas adaptadas motrices , terá lugr o vindeiro sábado 20 de marzo nas instalaciones deportivas de INEF Galicia en Bastiaguero-Oleiros.

Os XV Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios, organizados por Special Olympics Galicia en colaboración con FADEMGA-FEAPS Galici e promovidos por ASPRONAGA, contará coa participación de 24 asociacions de toda Galicia e reunirán a preto de 600 persoas entre deportistas, adestradores, voluntarios e integrantes da organización.

 

 

 
AUTORIZACIÓNS PARA PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DO XACOBEO

Con motivo da Celebración do ano Xacobeo, Special Olympics Galicia está a organizar unha serie de actividades deportivas, entre as que se atopa a realización do Camiño de Santiago no mes de Xunio.

Para poder inscribirse en ditas actividades, será necesario que nos fagades chegar os formularios que vos facilitamos a continuación:

 

- Autorización familiar

- Ficha de monitores 

- Certificado Médico

- Ficha coñecemento persoal

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 9 - 12 de 45